O trimestre pasado, decidimos facer un horario sobre os recreos para non xogar sempre ao mesmo, xogar todos xuntos e facer máis deporte. Con Canva, deseñamos un horario de luns a venres con distintos tipos de xogos e deportes, pero un día á semana, temos un recreo libre, onde podemos xogar ao que queiramos. O venres, temos dúas opcións, por se unha non nos apetece moito, ter outra opción gardada. De vez en cando, cambiamos os xogos para non aburrirnos cos mesmos de sempre. Esta idea, foi divertida, xa que así xogamos todos xuntos e non nos aburrimos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario