sábado, 26 de octubre de 2024

O SABOR DO MAR

 O pasado martes fixemos unha actividade moi rica relacionada co noso mar, exquisita, máis ben. Porque unha boa saúde comeza cunha boa alimentación.


      


Carmen, a xerente da empresa «Galuriñas», a cal fai empanadas e pizzas que teñen algas na masa, visitounos para preparar con nos unhas pizzas de algas, que estaban para chupar os dedos.


 




As algas, aínda que non o pareza, son unha gran achega de nutrientes, así que, a parte de deleitarnos con esas pizzas, conseguimos unha gran cantidade de nutrientes para seguir coa enerxía a tope e seguir en forma.



martes, 15 de octubre de 2024

UN DÍA FACENDO SURF

 O día 16 de setembro fomos a facer surf co noso colexio.Foi unha actividade feita pola A.N.P.A do colexio de Louro, pasámolo xenial. Moitas grazas a compañía de Abel, AREA Surf.

Aquí temos un vídeo de instagram sobre a actividade!!

 https://www.instagram.com/reel/DA_goqBILWq/

 

Deixamos por aquí algunhas fotos, grazas!




 

 

 

 

miércoles, 2 de octubre de 2024

A NOSA ACTIVIDADE DE IOGA

 Fai uns días fixemos unha actividade de ioga realizada pola A.N.P.A .No ximnasio do colexio de Louro a cargo de Silvia de Máis vital.


Foi moi divertido fomos separados por clases primeiro foron 4º, 5º e 6º, despois foron 1º, 2º e 3º e por último foron os de infantil. 


Fixemos ioga en esterillas e explicounos moi ben como facer ioga. Relaxamonos  e estabamos moi emocionados.





E por iso damoslle as gracias a Silvia !