lunes, 17 de marzo de 2025

CROSS INTERCOMARCAL

 O día 12 de Marzo, Martina F., Lúa, Manuel, Martina V. e Suevia acudiron en representación do cole á competición intercomarcal de cross.


 Gozaron da experiencia de ir o campo de San Lázaro onde se fixo esta proba. 




O noso alumnado pasouno xenial e tiveron a grandísima sorte de probar a comida dos foodtruck de Galicia Sabe A Mar.


Todos o fixemos xenial e logramos uns fantásticos resultados



martes, 4 de marzo de 2025

DINAMIZANDO OS RECREOS

 O trimestre pasado, decidimos facer un horario sobre os recreos para non xogar sempre ao mesmo, xogar todos xuntos e facer máis deporte. Con Canva, deseñamos un horario de luns a venres con distintos tipos de xogos e deportes, pero un día á semana, temos un recreo libre, onde podemos xogar ao que queiramos. O venres, temos dúas opcións, por se unha non nos apetece moito, ter outra opción gardada. De vez en cando, cambiamos os xogos para non aburrirnos cos mesmos de sempre. Esta idea, foi divertida, xa que así xogamos todos xuntos e non nos aburrimos!