O acrosport é unha disciplina que se practica en parellas que poden ser mixtas, tríos, cuartetos...
Considérase un deporte acrobático coreográfico no que se integran tres elementos fundamentais: formación de figuras ou pirámides corporais, acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrio como o paso de unha figura a outra e elementos de danza, saltos, piruetas...
No noso caso fixemos acrosport en educación física, distribuímonos en grupos de 2, despois de 3 e por último grupos de 6 para facer figuras maiores e incorporalas nunha coreografía.Nos diferentes grupos fixemos algunhas figuras inventadas e outras seguindo modelos que nos deu o noso profe.
Aquí podedes ver algunha das nosas figuras:
No hay comentarios:
Publicar un comentario