O pasado martes fixemos unha actividade moi rica relacionada co noso mar, exquisita, máis ben. Porque unha boa saúde comeza cunha boa alimentación.
Carmen, a xerente da empresa «Galuriñas», a cal fai empanadas e pizzas que teñen algas na masa, visitounos para preparar con nos unhas pizzas de algas, que estaban para chupar os dedos.
As algas, aínda que non o pareza, son unha gran achega de nutrientes, así que, a parte de deleitarnos con esas pizzas, conseguimos unha gran cantidade de nutrientes para seguir coa enerxía a tope e seguir en forma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario