lunes, 9 de junio de 2025

FACENDO DEPORTE NAS ILLAS ONS


Fai uns días que chegamos da nosa excursión nas illas Ons onde fixemos un montón de actividades físicas.


O primeiro día, fixemos un montón de xogos na area da praia e durante a noite fixemos unha ruta nocturna


Na segunda xornada fixemos unha andaina ata o buraco do inferno, recorrendo unha gran parte da illa.


Descubrimos lugares moi bonitos e tamén animais como o lagarto arnal ou a gaivota patiamarela.


No terceiro e último día fixemos unha xincana e máis xogos.


Unha excursión chea de actividade física na que gozamos moitísimo!




viernes, 30 de mayo de 2025

DEPORTES ALTERNATIVOS

 Durante o terceiro trimestre traballamos os deportes alternativos no cole. Por parellas investigamos sobre este tipo de deportes para despois levalos á practica no cole.

Os deportes alternativos son deportes non moi coñecidos que están deseñados para que podan ser practicados e disfrutados por todos e todas.

Xogamos a deportes como Colpbol, bódibol, floorball, datchball, fut-tenis.... pero o que máis nos gustou foi o beisbolpé. 

martes, 22 de abril de 2025

JUST DANCE

 Como parte das accións que levamos a cabo para dinamizar os recreos, comezamos a facer sesións de JUST DANCE  nos recreos.

Just Dance é un xogo no que tes que bailar seguindo os pasos que se proxectan, ás veces de forma individual e outras en parellas ou grupos.

Todos os venres no ximnasio temos unha nova alternativa de actividade física!




jueves, 17 de abril de 2025

ACHEGÁNDONOS AO TAEKWONDO

 A semana pasada, fixemos dúas sesións de taekwondo no ximnasio do cole.

A nosa compañeira Lúa leva xa un tempo practicando este deporte é foi a encargada de mostrarnos como facer os nosos primeiros golpes, posicións e algúns xogos.

Foi moi divertido coñecer máis de este deporte.

Grazas Lúa!






miércoles, 2 de abril de 2025

PROVINCIAL CROSS

 Fai uns días celebrouse o provincial de cross.

Este ano o circuíto seleccionado foi o do campamento xuvenil Virxe de LORETO en Porto do Son. Nesta ocasión, contábamos cunha única representante pero non o puido facer mellor quedou segunda e gañou unha medalla.

Pasouno moi ben e quedou moi satisfeita polo seu esforzo.

Nos non podemos estar máis orgullosos de ela! 💗




ENTRADA INSTAGRAM

lunes, 17 de marzo de 2025

CROSS INTERCOMARCAL

 O día 12 de Marzo, Martina F., Lúa, Manuel, Martina V. e Suevia acudiron en representación do cole á competición intercomarcal de cross.


 Gozaron da experiencia de ir o campo de San Lázaro onde se fixo esta proba. 




O noso alumnado pasouno xenial e tiveron a grandísima sorte de probar a comida dos foodtruck de Galicia Sabe A Mar.


Todos o fixemos xenial e logramos uns fantásticos resultados



martes, 4 de marzo de 2025

DINAMIZANDO OS RECREOS

 O trimestre pasado, decidimos facer un horario sobre os recreos para non xogar sempre ao mesmo, xogar todos xuntos e facer máis deporte. Con Canva, deseñamos un horario de luns a venres con distintos tipos de xogos e deportes, pero un día á semana, temos un recreo libre, onde podemos xogar ao que queiramos. O venres, temos dúas opcións, por se unha non nos apetece moito, ter outra opción gardada. De vez en cando, cambiamos os xogos para non aburrirnos cos mesmos de sempre. Esta idea, foi divertida, xa que así xogamos todos xuntos e non nos aburrimos!