jueves, 20 de febrero de 2025

2ª XORNADA DO CROS ESCOLAR

Fai unhas semanas, o 3 de febreiro, todo os do colexio (de 2º a 6º) fomos a correr a Porto do Son, concretamente ao circuíto do campamento xuvenil Virxe do Loreto.

A primeira hora da maña collemos o bus que nos levou directamente á pista. Recollemos os dorsais e puxémonos a quentar.

Todos o fixemos xenial! destacando que 5 de nós clasificámonos para o seguinte Cros Intercomarcal que se vai celebrar en Noia o vindeiro 12 de marzo.

O circuíto e moi bonito e gústanos moito correr alí.

Xa estamos desexando voltar!

 


jueves, 13 de febrero de 2025

XORNADA MULTIDEPORTIVA NO CEIP RAMÓN DE ARTAZA

 Fai uns días celebramos unha xornada multideportiva no CEIP Ramón de Artaza, onde tamén nos encontramos cos compañeiros e compañeiras do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro.

Todos xuntos fixemos un montón de actividades e xogos como o pano, 4x4. a corda, zancos, soga-tira, datchball, voleibol.... 

Pasámolo moi ben e coñecimos un montón de novos amigos e amigas. Ademais ao rematar a xornada desfrutamos dunha gran merenda todos xuntos. 


Foi un día xenial!


jueves, 6 de febrero de 2025

XIMNASIA ACROBÁTICA

 Fai uns días, a nosa compañeira María, que asiste ao Club Deportivo de Ximnasia Acrobática Compostela, decidiu darnos unha clase sobre ximnasia acrobática.
Fixemos reviravoltas, aprendimos acrobacias… un montón de cousas!
Puxemos a proba a nosa flexibilidade, e foi moi divertido!
María ensinounos poses acrobáticas impresionantes: o escorpión, a balanza... e moitos máis!



Encantounos achegarnos a esta nova disciplina deportiva, grazas María!


lunes, 3 de febrero de 2025

AUSTRALIA DAY

A semana pasada celebramos o día de Australia coa nosa auxiliar Sarah. 

Ademais de facer diferentes actividades como Kahoots, presentacións, talleres ou cociña típica de Australia tamén adicamos un importante espazo aos xogos e os deportes máis representativos.

Destacamos o rugby, que é o deporte máis popular en Australia, ao que nos xogamos a unha versión sen placaxe chamada "touch rugby".

Tamén fixemos lanzamentos de boomerangs que previamente cortamos coa nosa cortadora láser.

Por último practicamos algún xogo tradicional como o "handball" que Sarah nos mostrou.

PASÁMOLO  XENIAL !

FOI SÚPER INTERESANTE !