viernes, 29 de noviembre de 2024

A nosa merenda

 Este ano, coa nosa titora María, fixemos un tipo de xogo para comer máis froita, e o xogo consiste nisto: por cada froita que traiamos pra merendar dannos un “súper billete”. E cos “súper billetes” que consigamos podemos comprar horas libres, día sen deberes, imprimir unha mandala e moitas máis cousas, a cambio de darlle a María o custo da actividade. 

DESTE XEITO LOGRAMOS UNHA RECOMPENSA MENTRES OBTEMOS UNHA ALIMENTACIÓN MÁIS SAUDABLE!



lunes, 18 de noviembre de 2024

PRIMEIRA XORNADA DE CROS EN NOIA

 

O noso colexio foi a unha carreira en Noia o pasado mércores.

Cando  chegamos vimos a moita xente correndo. Todos os do noso colexio estabamos moi motivados, e tamén nerviosos. Na carreira de cada categoría había máis de 200 nen@s. Antes de empezar cada carreira todos os nen@s quentabamos moito para preparanos e non ter lesións durante a carreira.

Foi un día xenial e xa temos gañas de repetir!